Mar
19
2024
- Inicie sesión para enviar comentarios

Obxectivo
Apoiar e acompañar a galegos e galegas retornados no desenvolvemento dos seus negocios ou actividade profesional, favorecendo a súa integración social e empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia e impulsando a súa consolidación e crecemento.
Metodoloxía
Os mentores e mentoras traballarán , mediante a transferencia da súa experiencia e coñecementos, coa persoa galega retornada mentorizada, contribuíndo así ao seu crecemento profesional e persoal, mais non interferindo na toma de decisións. As persoas participantes seleccionarán as áreas de apoio nas que queren traballar.
Condicións para inscribirse
- Ser unha persoa emigrante galega retornada a Galicia, ou ser a súa cónxuxe, ou ter unha unión análoga á conxugal, ou ser descendente dunha persoa emigrante galega.
- Residir en Galicia, e no momento de iniciarse o programa, estar desenvolvendo nesta Comunidade Autónoma unha actividade profesional, negocio ou empresa.
- Terán preferencias as persoas que non foron beneficiarias do Programa MERLO en anos anteriores, mais poderán inscribirse aquelas que xa o foron.